Sara Gimeno é unha artista emerxente que, tras anos de formación musical en clarinete e canto, decide comezar o seu proxecto persoal.
En 2024, empeza a compoñer e interpretar as súas propias cancións, transitando entre xéneros como o soul, RnB, bolero ou salsa, desde unha perspectiva íntima cargada de sensibilidade. Nese mesmo ano gaña o primeiro premio Xuventude Crea na modalidade de música, levándoa a actuar xunto a súa banda en festivais como Atardecer no Gaiás, Orballo Cultural ou Festival da Luz.
A día de hoxe, Sara Gimeno estase a consolidar como artista, compositora e productora dos seus propios temas.